Criterios de admisión
Segundo o establecido no art. 4.3 do Regulamento de estudos oficiais de posgrao da Universidade de Vigo, aprobado polo Consello de Goberno o 14 de marzo de 2007 e modificado polo Consello de Goberno o 16 de abril de 2010, o 8 de febreiro de 2012 e o 18 de decembro de 2012, a selección do alumnado corresponde á Comisión Académica do Máster.
A selección farase en función de:
- Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
- Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do Máster.
- Resto do curriculum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos, etc.).
Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que os nosos alumnos e lumnas cumpran as seguintes competencias transversais:
- Capacidade de aprendizaxe.
- Capacidade de adaptación aos cambios.
- Actitude positiva.
- Capacidade de asumir responsabilidades.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de planificación, coordinación e organización.
- Capacidade de resolución de conflitos e problemas.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade de análise.
- Capacidade de traballo independente.
Procedemento de admisión
Con carácter previo, realizaráse unha preinscrición no prazo establecido para este Máster con carácter oficial. Ésta realizaráse mediante a presentación aos órganos administrativos correspondentes dun formulario de preinscrición, acompañado da documentación necesaria, que posteriormente será enviada á Comisión Académica do Máster para a súa valoración.
Documentación requerida:
- DNI
- Título
- Certificación académica oficial con nota media en base 10. (en caso de presentar nota media en base 4, converterase a nota en base 10 a través da única referencia oficial de equivalencia entre base 4 e base 10 que temos, que é a que proporciona o Ministerio de Universidades, a través do procedemento online de declaración de equivalencia de nota media de expedientes académicos universitarios realizados no estranxeiro, no enderezo http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-alciudadano/catalogo/general/20/203615/ficha.html
- Acreditación de idioma estranxeiro nivel B1
*O alumnado que cursou a titulación de orixe na Universidade de Vigo está eximido de presentar o título e a Certificación académica oficial.
Preinscrición na UVigo
A Comisión Académica do Máster seleccionará entre os alumnado solicitante, en base á nota media do expediante, o alumnado admitido.
Unha vez finalizado o período de preinscrición, publicaránse na web da Universidade de Vigo, e por calquera outro medio que estipule a Universidade de Vigo, as listas provisionais de estudantes “admitidos/listas de agarda/excluidos provisionais”. Estos últimos disporán de varios días hábiles para aportar a documentación que se lles requira.
Unha vez rematado o prazo de subsanación, publicaránse as listaxes definitivas de “admitidos/listas de agarda/excluidos”.