Titulados universitarios en temas afíns á especialidade que se desexa cursar. No caso de que a titulación que posúa o estudante non coincida coa especialidade que desexa cursar, deberá superar un exame ou proba de acceso.
Ademáis, calquera persoa que desexe acceder ao Máster en Profesorado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:
- Inclinación vocacional expresada no interese por comprender e facilitar a resolución das problemáticas nos procesos de enseñanza-aprendizaxe do ser humano, no seu ámbito pedagóxico e de interacción social.
- Disposición e motivación para a aprendizaxe de todos aqueles contidos que se lle presenten neste máster e responsabilidade no seu propio proceso de aprendizaxe.
- Capacidade de reflexión e de facer achegas propias a todos aqueles procesos pedagóxicos, sociais, culturais, políticos que repercuten no campo do ensino.
- Compromiso en querer adquirir a máis alta formación e capacitación no desenvolvemento deste máster.
- Motivación para participar en todas aquelas accións que se lle propoñan tanto desde a estrutura interna dos estudos de máster como desde a universidade.
- Habilidades de comunicación e interrelación persoa.
- Compromiso social cara ao respecto, a tolerancia e a empatía.
Acceso directo ás diferentes especialidades
O artigo 16 de R.D. 1393/2007 sinala as normas que rexen o acceso e admisión aos ensinos oficiais de máster:
“Será necesario estar en posesión de un título universitario oficial español u otros expedidos por una institución de educación superior del Espacio Europeo para el acceso al Máster. Así mismo, podrán acceder los titulados conforme a sistemas educativos ajenos al Especio Europeo de Educación Superior, sin necesidad de la homologación de sus títulos, previa comprobación por la universidad de aquellos que acrediten un nivel de formación equivalente a los correspondientes títulos universitarios españoles y que faculten en el país expeditor del titulo para el acceso a enseñanzas de postgrado. El acceso por esta vía no implicará, en ningún caso, la homologación del título previo de que esté en posesión el interesado, ni su reconocimiento a otros efectos que el de cursar las enseñanzas de máster.”
Por tanto os títulos que non están homologados para acceder a máster no seu país de orixe non terán acceso a este Máster.
Relación de titulacións coas especialidades ofertadas
En caso de non ter a titulación de acceso ao Máster: A norma reguladora explicitada na Orde ECI 3858/ 2007 establece que as condicións de acceso ao máster son:
“Para el ingreso en el Máster (SIN LA TITULACION DE ACCESO CORRESPONDIENTE), se establece como requisito de acceso la acreditación del dominio de las competencias relativas a la especialización que se desee cursar, mediante la realizacion de una prueba al efecto.”
A Comisión Académica deste Master, aproba con data 4 de xuño de 2014.
A Comisión Académica acorda que a proba de acceso para o alumnado que pretenda cursar algún itinerario ao que non tivese acceso directo pola súa titulación, deberase rexer polas seguintes directrices:
- O alumnado interesado só poderá preinscribirse durante o primeiro prazo de prescrición.
- No momento da prescrición, farán constar cal é o itinerario do seu interese (ex. Ciencias Experimentais: Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química), así como cal é a titulación que pretenden validar, e que deberá ser algunha das que dan acceso directo ao itinerario elixido (ex. Graduado en Bioloxía).
- Se pechado o primeiro prazo de matrícula, non houbese prazas vacantes no itinerario do seu interese, comunicaráselle ao alumno que a proba NON terá lugar. Os alumnos prerexistrados SÓ PODERÁN FACER A PROBA SE HOUBESE PRAZAS VACANTES tras o peche do segundo prazo de matrícula (setembro).
- Durante a primeira semana de setembro, seralle comunicado aos solicitantes os contidos e o tipo de exame, que serán propostos por un Tribunal específico para cada itinerario. Cada Tribunal, estará composto por tres docentes do itinerario, presidido polo Coordinador/a de o Itinerario ou a persoa na que o ou ela delegue.
- Ao finalizar o segundo prazo de matrícula, comunicaráselle aos solicitantes se hai prazas vacantes ou non, e por conseguinte se se celebra o exame de acceso. A partir dese momento poden ser convocados polo Tribunal cando este o considere oportuno, antes do inicio do curso.