Para o ingreso no Máster establécese como requisito de acceso a acreditación do dominio das competencias relativas á especialización que se desexe cursar.

Normas de acceso e admisión establecidas por en o art. 16 de R.D.1393/2007:

  • Estar en posesión dun título universitario oficial español ou outros expedidos por unha institución de educación superior do Espazo Europeo para o acceso ao ensino de máster.
  • Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación por parte da Universidade de Vigo, de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para e acceso a ensinos de posgrao.
  • O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de máster.
  • Acreditar o dominio dunha lingua estranxeira, equivalente ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.

O nivel B1, é o terceiro nivel dos seis do que consta o “Marco Común Europeo de Referencia para as linguas” desenvolto polo Consello de Europa. É un nivel intermedio.

A acreditación do dominio dunha lingua estranxeira equivalente ao nivel B1 do Marco Común de Referencia papa as linguas, debe realizarse no momento da preinscrición.

Na Universidade de Vigo, recoñeceranse os títulos, diplomas e certificados que se relacionan nesta ligazón.

Ademais destes título, poderase acreditar o requisito de idioma do seguinte xeito:

  • Cursar e superar unha materia impartida e avaliada nun idioma extranxeiro de polo menos 6 créditos, no plan de estudos da titulación de acceso.
  • Cursar e superar nunha universidade estranxeira materias impartidas nun idioma non oficial no Estado Español. Os créditos desas materias deben estar recoñecidos na titulación de acceso. (ERASMUS)
  • Cursar e superar como mínimo 12 créditos entre materiais de lingua estranxeira ofertadas noutros plans de estudos oficiais impartidos en universidades españolas e que poidan ser acreditadas fidedignamente.

Para as persoas que non poidan acreditar este nivel B1, o centro de linguas da Universidade de Vigo, organiza probas de acreditación de idiomas ao longo do curso (máis información no Centro de Linguas).