O módulo de PRACTICUM (obrigatorio, 18 ECTS), está enfocado á adquisición da experiencia nas tres fases do proceso de ensinanza: Planificación-intervención-avaliación.
DEPÓSITO DE REXISTROS DO PRACTICUM
Acceso restrinxido: “MATERIAS” “Prácticas externas” (para Memorias, informes de titores/as, estudiantado, etc.)
Guía do Practicum 2026/2027
Listaxe de materias para impartir nas prácticas
Contido e resultados
As prácticas desenvolveranse no 2º cuadrimestre do curso. En total teredes que asistir a un centro de prácticas aproximadamente 4 horas diarias, ata completar 150 horas.
A selección do centro de prácticas farédela vós. Das opcións que vos presentamos no documento no que aparecen os titores que solicitaron á Xunta de Galicia colaborar co mestrado, teredes que revisar e seleccionar a dous docentes, e cumprimentar a solicitude.
A continuación nós adxudicaremos os titores/as:
- Terá preferencia na elección dun titor/a a persoa que contactase con ela con anterioridade.
- No caso de que dúas persoas elixan ao mesmo titor/a, terá preferencia de selección a que teña maior media de acceso a este Máster.
- No caso de que non exista ningún titor/a da vosa materia no concello solicitado, nin nos arredores, debedes contactar coa secretaría indicando a vosa situación. Nestes casos buscaremos un profesor dese concello que queira ser titor/a de prácticas deste mestrado.
Unha vez asignado, enviaremos aos centros esta adxudicación para que dean o seu visto e prace. Se nalgún caso non se puidesen facer cargo dese alumno/a, buscaremos outra alternativa.
Durante as prácticas, teredes un titor/a no centro e outro na universidade, que será un dos profesores/as do Módulo Específico. Durante o proceso teredes que realizar unha memoria das prácticas, incluíndo unha Unidade Didáctica orixinal. Esta materia (prácticas externas), será avaliada polos dous titores/as.
Documentación
- ORDE do 18 de abril de 2011 pola que se establece o procedemento para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia