Vázquez Dorrío

Catedrático/a de universidade

Área de Física Aplicada
Departamento de Física Aplicada

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Industrial
Despacho Dpto. FA2
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 813 495
bvazquez@uvigo.es

Breve CV

Licenciado en CC Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990. Doutor en Física pola Universidade de Vigo en 1996. Desde 2020 é Catedrático de Universidade. Ten concedidos catro sexenios de investigación CNEAI. A súa investigación no Grupo de Enxeñaría Física céntrase na Óptica Aplicada, Fotónica e Tecnoloxías Láser. Participante en 28 proxectos de investigación/contratos con empresas das distintas convocatorias públicas e privadas. É coautor dunhas 70 publicacións indexadas en SCOPUS (Author IDE: 6701371723), máis 50 publicacións en congresos e colaborou na organización de 13 reunións científicas. Neste ámbito dirixiu 1 Tese Doutoral, 1 DEA, 2PFC e 13 TFM. Actualmente dirixe 3 Teses Doctorais. É avaliador externo da PUCP-Perú, da ANPCYT-República Arxentina desde e da ANEP-España. É censor habitual de 22 revistas internacionais moitas delas con alto impacto no JCR ou SJR. É Editor Asociado do Journal of the European Optical Society. Incorporouse á docencia universitaria o curso 1990-1991. Ten dous informes Moi Favorable de avaliación da Actividade Docente (Programa DOCENTIA). Mantén unha liña de innovación educativa no campo do ensino experimental da ciencia desde 1991: 10 proxectos de innovación/transferencia científica, unhas 120 publicacións, 38 participacións na organización de reunións científicas, dirección de 29 TFM. Actualmente dirixe 1 Tesis Doctoral. É censor habitual de 5 revistas internacionais.É Vicepresidente da Asociación Hands-on Science. É Embaixador para España de Scientix. É Responsable do Grupo de Innovación Docente de Aprendizaxe Manipulativo da Física (GID1). É Asesor de VigoTecnolóxico. Foi Subdirector e Director da ETS de Enxeñaría de Minas.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Investigación

Grupo de investigación

Grupo de Enxeñaría Física

Liñas de investigación

  • Enxeñaría óptica
  • Tecnoloxías láser
  • Tecnoloxías ópticas de medición