Prada Rodríguez

Catedrático/a de universidade

Área de Historia Contemporánea
Departamento de Historia, Arte e Xeografía

Información de contacto

Facultade de Historia
Pavillón 2, Planta 1, Despacho 6
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 288
jprada@uvigo.es

Breve CV

Julio Prada Rodríguez é profesor titular de Historia Contemporánea, licenciado en Dereito e profesor titor do Centro Asociado á UNED en Ourense. Está especializado no estudo da violencia política, o primeiro franquismo e a transición á democracia, ámbitos nos que dirixiu unha decena de proxectos e contratos de investigación e publicado unha vintena de libros e preto de dous centenares de artigos e achegas a congresos. Tamén recibiu diversos premios, entre eles o I Premio Antonio Fraguas coa obra Ensaio sobre a violencia. Entre as súas últimas monografías destacan Dereitas, República e eleccións (2019), The plundering of vanquished (2019), O fascismo en Galicia (2023) e The Battle Over the Memory (2023). Tamén coordinou varios libros colectivos, entre eles Galicia en transición (2019), Europa e os retos da representatividade (2020) e As políticas de desenvolvemento rexional. Do desenvolvismo á consolidación democrática (2023).

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Investigación

Grupo de investigación

Historia Contemporánea 1

Liñas de investigación

  • Segunda República / Franquismo / Transición á democracia / Violencia política / Poder local
  • Fontes e patrimonio documental, Memoria, Política e Sociedade, Patrimonio Cultural e Identidades na Idade Contemporánea
  • Política, usos e xestión da auga na historia