Esta materia está orientada á realización dun traballo de investigación, experimentación ou desenrolo orixinal nalgunha das liñas expostas no módulo específico do Máster, relacionado con algúns dos múltiples ámbitos do mundo profesional propios do ámbito do ensino secundario. Encamiñarase ao desenvolvemento dunha actividade que contribúa a conseguir un conxunto de competencias de carácter académico, profesionalizante e investigador que enriqueza globalmente a formación inicial.

Será guiado por unha persoa docente da universidade. Este traballo estará enmarcado na etapa da educación secundaria obrigatoria ou postobligatoria. O traballo de fin de máster poderá estar ligado ás actividades de aula, unidades didácticas ou proxectos realizados polo alumnado na fase de prácticas, incluíndo sempre os aspectos de investigación educativa pertinentes a xuízo da persoa titora da universidade.

 

Curso académico 2022/2023

Documentación do TFM

 

Datas de defensa do TFM

Convocatoria Informe do titor Solicitude defensa Defensa
Adiantada 31/01/2023 – 05/02/2023 07/02/2023 – 08/02/2023 15/02/2023 – 17/02/2023
26/05/2023 – 04/06/2023 05/06/2023 – 07/06/2023 13/06/2023 – 16/06/2023
28/06/2023 – 04/07/2023 05/07/2023 – 07/07/2023 17/07/2023 – 20/07/2023