O Plan de Acción Titorial do Máster en Profesorado configurásese como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria.
Neste sentido, é de importancia destacar un dos principios polos que apostan os Sistemas de Garantía de Calidade das Facultades (Bioloxía en Vigo; Ciencias da Educación en Ourense; Ciencias da Educación e do Deporte en Pontevedra) ás que está adscrito o Máster, e ao que con este plan trátase de responder: a adecuación de métodos de ensino, aprendizaxe e avaliación á adquisición de competencias do alumnado, atención á diversidade, orientación ao aprendizaxe etc., recollidos dunha forma ampla en distintos capítulos dos manuais de Calidade e os Procedementos que os tres centros deseñaron no marco do Real Decreto1393/2007 do 29 de outubro.
O presente PAT é un instrumento deseñado como un sistema de apoio ao alumnado. Tratará de mellorar a integración dos estudantes no ámbito formativo no que se desenvolve a titulación, asistindo nas súas necesidades académicas e achegándolles información e orientación de ámbito profesional. O cumprimento dos obxectivos do Plan de acción titorial redundará tamén nun mellor funcionamento do Máster xa que facilitará a detección de posibles problemáticas do alumnado que poderán ser abordadas pola Comisión Académica a fin de tomar as medidas oportunas para corrixilas.
Obxectivos do PAT
En cada curso académico, a Comisión Académica, coa implantación do PAT, pretende alcanzar os seguintes obxectivos:
Obxectivos xerais
- Establecer a titoría e a orientación profesional no Máster como modo de diversificar a axuda educativa ao estudante durante o período de realización do mesmo.
- Establecer un sistema de información, orientación e seguimento académico para os estudantes mediante a asignación dun titor.
- Fomentar a participación activa do alumnado nos distintos aspectos da vida universitaria.
- Ampliar a información que os estudantes teñen sobre a Universidade, os servizos que ofrece, os proxectos nos que poden participar, etc.
Obxectivos específicos
- Mellorar a información dos estudantes en relación co centro e a universidade.
- Dar cobertura ás necesidades de apoio formativo dos alumnos.
- Orientar e fomentar a inserción laboral dos alumnos.
- Mellorar a satisfacción dos estudantes coa formación recibida.
- Reducir a taxa de abandono e aumentar a taxa de eficiencia.