O Máster para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas, impártese en tres campus, polo que ten tres centros de adscrición, e a súa coordinación desenvólvese da seguinte maneira:
Coordinación vertical
Esta titulación conta cun sistema de coordinación vertical das actividades docentes baseado no nomeamento dunha Coordinadora Xeral de Máster, así como unha Comisión Académica.
Coordinación xeral do título
- Josefina Garrido González
Funcións da Coordinación
- Ser o interlocutor do máster cos servizos e órganos de goberno da Universidade de Vigo
- Ser o responsable de decidir as actividades para desenvolver que teñan repercusión orzamentaria
- Ser o último responsable de cumprimentar e pechar as actas de cualificación
- Calquera outra que lle encomende a CAM ou o centro
A comisión académica está formada polas seguintes persoas:
Presidenta
- Josefina Garrido González
Secretario xeral do máster
- José María Sánchez Fernández (Facultade de Bioloxía, Vigo)
Pola Facultade de Bioloxía (Campus de Vigo)
- Raul Iglesias Blanco (Comisión de Calidade)
Pola FCCED (Campus de Pontevedra)
- Jorge Soto Carballo (Comisión de Calidade)
- María Álvarez Lires (Vogal)
- Salvador González González (Coordinador no campus de Pontevedra)
Pola FCCE (Campus de Ourense)
- Carmen Ricoy Lorenzo (Coordinadora no campus de Ourense)
- Pino Diaz Pereira (Comisión de Calidade)
Funcións da Comisión Académica
- Elaborar, e no seu caso, modificar o regulamento de réxime interno da propia comisión, o cal deberá ser remitido á Comisión de Estudos de Posgrao para a súa aprobación.
- Vixiar o cumprimento da actividade docente e académica (cumprimento de horarios de clases e titorías, depósito da guía docente das materias na secretaria do centro de adscrición do Máster) e velar pola dispoñibilidade dos espazos (aulas, laboratorios, equipos de vídeo conferencia, etc.), en coordinación co centro.
- Seleccionar os estudantes admitidos no programa.
- Emitir informe para o recoñecemento de créditos conforme á normativa da Universidade de Vigo.
- Elaborar o POD/ PDA do Máster no prazo establecido pola Universidade. Para o POD, a CAM poderá contar con persoal docente da Universidade de Vigo, así como con profesorado externo cualificado. A elección do persoal docente deberá cumprir cos criterios obxectivos que aprobe a CAM.
- Aprobar a distribución do orzamento asignado ao Máster.
- Todas aquelas que lle sexan encomendadas polo Centro responsable do Máster, relativas á organización académica da titulación.
Estas dúas figuras encárganse da coordinación e organización da docencia teórico-práctica, coa colaboración da secretaría de docencia deste máster.
En canto ás accións de coordinación vertical:
A coordinadora xeral, reuniuse con todo o profesorado ao comezo do curso para explicar a estrutura do máster aos docentes de nova incorporación, e analizar e propoñer melloras aos docentes que xa estaban a impartir materias. Así mesmo designáronse coordinadores de itinerarios e materias.
Coordinación horizontal
Establecense como coordinación horizontal varias figuras:
- Coordinadora no Campus de Ourense: Carmen Ricoy Lorenzo, profesora na FCCE
- Coordinadora no Campus de Pontevedra: Salvador González González, profesor na FCCED
Encárganse da coordinación da docencia e do profesorado, contacto co estudantado, etc.
Coordinan a docencia e o profesorado dentro de cada itinerario e fai funcións de titores co estudantado.
Tamén se encargan de asignar a titorización de traballos fin de master e prácticas externas.
-
- Ciencias Experimentais: Bioloxía, Xeoloxía – Maria Mercedes Alvarez Lires
- Ciencias Experimentais: Matemáticas, Tecnoloxía – Julia Serra
- FP Sector Servizos – Albano Julio Alonso Branco
- FP Sector Primario e secundaria – Albano Julio Alonso Branco
- FP Formación e Orientación Laboral – Albano Julio Alonso Blanco
- Linguas: Linguas estranxeiras – Ana Elina Martínez Insua
- Linguas: Linguas oficiais – Joaquín Sueiro Justel
- Artes: Debuxo – Begoña Paz García
- Ciencias experimentais: Educación Física – Mirian Alvariñas Villaverde
- Orientación Educativa (Pontevedra) – María Zabalza Cerdeiriña
- Orientación Educativa (Ourense) – Carmen Ricoy Lorenzo
- Ciencias Sociais: Xeografía e Historia – Julio Prada Rodríguez
- Ciencias Sociais: Humanidades – Alberto Vaqueiro García
- Ciencias Experimentais: Matemáticas, Tecnoloxía e Informática – Pedro Membiela Iglesia
Para as materias que son impartidas por varios docentes, desígnase un profesor coordinador da materia e do profesorado, que se encarga da guía docente e a coordinación de actividades.
Titor de prácticas externas e TFM
Cada estudante ten designado a un profesor como titor de prácticas externas e director de TFM, que o guiará e titorizará nestas dúas materias.