O obxectivo principal é que o estudantado coñeza os contidos das materias relativas á súa especialización docente, así como os procesos de ensino e aprendizaxe correspondentes.

Trátase dun título oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de Ensino Obrigatorio, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.

Obxectivos xerais

Como calquera título de máster en que se implante no Estado Español, os obxectivos e competencias xerais do título están definidos tendo en conta os dereitos fundamentais de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, os principios de igualdade de oportunidades e accesibilidade universal das persoas con discapacidade e os valores propios dunha cultura de paz e de valores democráticos, tal e como recollen as seguintes normativas e que se aplicarán no desenvolvemento do título.

  • Lei 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
  • Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade
  • Lei 27/2005, de 30 de novembro, de fomento da educación e a cultura de paz

Isto se traduce nos seguintes obxectivos xerais:

  • Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co estudo.
  • Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  • Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro sen ambigüidades
  • Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

 

Obxectivos específicos

Estes obxectivos están recollidos na normativa que regula o título (Orde ICE/3858/2007):

  • Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente, así como o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos. Para a formación profesional incluirase o coñecemento das respectivas profesións.
  • Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa do estudantado así como a orientación do mesmo, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
  • Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala nos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursada.
  • Concretar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo; desenvolver e aplicar metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade do estudantado.
  • Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe con especial atención á equidade, a educación emocional e en valores, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto dos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
  • Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudantado e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativa persoais.
  • Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula, dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula, e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
  • Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna onde estea situado; desenvolver as funcións de titoría e de orientación do estudantado de maneira colaborativa e coordinada; participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe.
  • Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
  • Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual, perspectivas e interrelación coa realidade social de cada época.
  • Informar e asesorar ás familias achega do proceso de ensino e aprendizaxe e sobre a orientación persoal, académica e profesional dos seus fillos.