Inicio

Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

 

Benvidos á web do Máster Universitario en Profesorado

Este mestrado é un título oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de Ensino Obrigatorio, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.

O obxectivo principal é que os estudantes coñezan os contidos das materias relativas á súa especialización docente, así como os procesos de ensino e aprendizaxe correspondentes.

O Máster para o Profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas, como o seu propio título indica é un Máster puramente profesionalizante. Esta profesionalización céntrase no campo da “Educación” e dentro diste na Formación Inicial do Profesorado, é dicir, a docencia.

O profesorado de Secundaria e Bacharelato chega a este mestrado cunha formación do grao nunha disciplina determinada por tanto coa capacitación para saír ao mercado profesional nese ámbito (Química, Dereito, Historia, etc.). A importancia do Máster que estamos a deseñar tradúcese en que capacitará para un ámbito de actividade restrinxido: a docencia (institucións educativas) e, por tanto debemos capacitar ao estudantado nunhas competencias específicas para exercer como “profesional do ensino secundario e bacharelato”.

É responsabilidade da Universidade de Vigo organizar este mestrado para dar resposta a esta necesidade e realizar unha adecuada planificación que permita atender aos requirimentos científicos e profesionais da sociedade e tamén e non menos importante, para os graduados/as da Universidade de Vigo e a Comunidade Autónoma de Galicia.