Presentación do curso 2025/2026

A presentación do curso realizarase de xeito virtual, o día 24 de setembro as 16.00 horas, para todos os campus (Vigo, Pontevedra e Ourense).

A ligazón para conectarse: https://tv.uvigo.es/directo2

As persoas que teñan interese en asistir presencialmente, tamén o poderán facer. A presentación se desenvolverá na Sala Miralles 1, do Edificio Miralles do Campus de Vigo. Esta sala ten una capacidade para unhas 80 persoas. Unha vez completo o aforo non poderán acceder máis persoas e terán que seguir a presentación a través do Streaming

Tanto de xeito presencial coma virtual se poderán facer consultas. De xeito virtual a través do chat que estará dispoñible.

Non é preciso estar rexistrado para acceder a esta aula, e non é obrigatorio asistir a esta presentación nin presencial nin virtualmente.

A presentación gravarase e publicarase uns días despois para que teñan acceso as persoas que non se puderan conectar.