Segundo o establecido no Regulamento de Estudos de Mestrado da Universidade de Vigo, a selección do alumnado corresponde á Comisión Académica do Máster.
A selección farase en función de:
- Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
- Curriculum vitae. Nota media acadada na titulación de acceso.
- Resto do curriculum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos, etc.).
Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que os nosos alumnos e lumnas cumpran as seguintes competencias transversais:
- Capacidade de aprendizaxe.
- Capacidade de adaptación aos cambios.
- Actitude positiva.
- Capacidade de asumir responsabilidades.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de planificación, coordinación e organización.
- Capacidade de resolución de conflitos e problemas.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade de análise.
- Capacidade de traballo independente.
Procedemento de admisión
Con carácter previo á admisión no mestrado, o alumnado deberá realizar a preinscrición dentro do prazo establecido oficialmente para cada curso académico.
A preinscrición realizarase mediante a presentación, ante os órganos administrativos correspondentes, do formulario de preinscrición debidamente cuberto e acompañado da documentación requirida. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, a documentación será remitida á Comisión Académica do Máster, que procederá á valoración das solicitudes de acordo cos criterios de admisión establecidos.
Documentación requirida:
As persoas solicitantes deberán achegar a seguinte documentación:
- Documento nacional de identidade (DNI) ou documento identificativo correspondente.
- Título universitario que dá acceso ao mestrado, ou a documentación acreditativa correspondente cando proceda.
- Certificación académica oficial, na que conste a nota media do expediente académico, expresada nunha escala de 0 a 10.
No caso de que a certificación académica presente a nota media na escala de 1 a 4, e co obxectivo de garantir a homoxeneidade na valoración das solicitudes, aplicarase a seguinte táboa de equivalencias. - No caso de estudos universitarios realizados no estranxeiro, deberá achegarse a correspondente Declaración de Equivalencia da Nota Media do expediente académico universitario, obtida mediante o procedemento habilitado polo Ministerio competente. A declaración de equivalencia deberá presentarse xunto co resto da documentación requirida para a preinscrición.
- Acreditación do coñecemento dunha lingua estranxeira equivalente, como mínimo, ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL), nos termos establecidos pola normativa aplicable ao acceso ao mestrado.
*O estudantado que cursou a titulación de orixe na Universidade de Vigo está eximido de presentar o título e a Certificación académica oficial.
A Comisión Académica do Máster realizará a selección das persoas solicitantes de acordo cos criterios de admisión establecidos, tendo en conta, entre outros aspectos, a nota media do expediente académico.
Unha vez finalizado o período de preinscrición, publicaranse na páxina web da Universidade de Vigo, así como por calquera outro medio que esta estableza, as listaxes provisionais de persoas admitidas, persoas en lista de agarda e persoas excluídas.
As persoas que figuren como excluídas por falta de documentación ou por calquera outra causa susceptible de emenda disporán do prazo establecido para achegar a documentación requirida ou emendar as deficiencias detectadas.
Unha vez finalizado o prazo de emenda e revisada a documentación achegada, publicaranse as listaxes definitivas de persoas admitidas, persoas en lista de agarda e persoas excluídas.