{"id":2271,"date":"2019-08-18T21:55:19","date_gmt":"2019-08-18T19:55:19","guid":{"rendered":"http:\/\/cytaa.webs7.uvigo.es\/?page_id=2271"},"modified":"2020-04-21T12:31:39","modified_gmt":"2020-04-21T10:31:39","slug":"obxectivos","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/mpe.uvigo.es\/gl\/informacion\/obxectivos\/","title":{"rendered":"Obxectivos"},"content":{"rendered":"<p>O obxectivo principal \u00e9 que o estudantado co\u00f1eza os contidos das materias relativas \u00e1 s\u00faa especializaci\u00f3n docente, as\u00ed como os procesos de ensino e aprendizaxe correspondentes.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun t\u00edtulo oficial que habilita para o exercicio das profesi\u00f3ns de profesor\/a de Ensino Obrigatorio, Bacharelato, Formaci\u00f3n Profesional e Ensino de Idiomas.<\/p>\n<h2>Obxectivos xerais<\/h2>\n<p>Como calquera t\u00edtulo de m\u00e1ster en que se implante no Estado Espa\u00f1ol, os obxectivos e competencias xerais do t\u00edtulo est\u00e1n definidos tendo en conta os dereitos fundamentais de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, os principios de igualdade de oportunidades e accesibilidade universal das persoas con discapacidade e os valores propios dunha cultura de paz e de valores democr\u00e1ticos, tal e como recollen as seguintes normativas e que se aplicar\u00e1n no desenvolvemento do t\u00edtulo.<\/p>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li>Lei 3\/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes<\/li>\n<li>Lei 51\/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminaci\u00f3n e accesibilidade universal das persoas con discapacidade<\/li>\n<li>Lei 27\/2005, de 30 de novembro, de fomento da educaci\u00f3n e a cultura de paz<\/li>\n<\/ul>\n<p>Isto se traduce nos seguintes obxectivos xerais:<\/p>\n<ul class=\"list-peak\">\n<li>Que o estudantado saiba aplicar os co\u00f1ecementos adquiridos e a s\u00faa capacidade de resoluci\u00f3n de problemas en contornas novas ou pouco co\u00f1ecidos dentro de contextos m\u00e1is amplos (ou multidisciplinares) relacionados co estudo.<\/li>\n<li>Que o estudantado sexa capaz de integrar co\u00f1ecementos e enfrontarse \u00e1 complexidade de formular xu\u00edzos a partir dunha informaci\u00f3n que, sendo incompleta ou limitada, incl\u00faa reflexi\u00f3ns sobre as responsabilidades sociais e \u00e9ticas vinculadas \u00e1 aplicaci\u00f3n dos seus co\u00f1ecementos e xu\u00edzos.<\/li>\n<li>Que o estudantado saiba comunicar as s\u00faas conclusi\u00f3ns (e os co\u00f1ecementos e as raz\u00f3ns \u00faltimas que as sustentan) a p\u00fablicos especializados e non especializados dun modo claro sen ambig\u00fcidades<\/li>\n<li>Que o estudantado pos\u00faa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haber\u00e1 de ser en gran medida autodirixido ou aut\u00f3nomo.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2>Obxectivos espec\u00edficos<\/h2>\n<p>Estes obxectivos est\u00e1n recollidos na normativa que regula o t\u00edtulo (Orde ICE\/3858\/2007):<\/p>\n<ul class=\"list-peak\" style=\"margin-top: 10px;\">\n<li>Co\u00f1ecer os contidos curriculares das materias relativas \u00e1 especializaci\u00f3n docente correspondente, as\u00ed como o corpo de co\u00f1ecementos did\u00e1cticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos. Para a formaci\u00f3n profesional incluirase o co\u00f1ecemento das respectivas profesi\u00f3ns.<\/li>\n<li>Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisici\u00f3n das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formaci\u00f3n previa do estudantado as\u00ed como a orientaci\u00f3n do mesmo, tanto individualmente como en colaboraci\u00f3n con outros docentes e profesionais do centro.<\/li>\n<li>Buscar, obter, procesar e comunicar informaci\u00f3n (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en co\u00f1ecemento e aplicala nos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especializaci\u00f3n cursada.<\/li>\n<li>Concretar o curr\u00edculo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificaci\u00f3n colectiva do mesmo; desenvolver e aplicar metodolox\u00edas did\u00e1cticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas \u00e1 diversidade do estudantado.<\/li>\n<li>Dese\u00f1ar e desenvolver espazos de aprendizaxe con especial atenci\u00f3n \u00e1 equidade, a educaci\u00f3n emocional e en valores, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formaci\u00f3n cidad\u00e1 e o respecto dos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisi\u00f3ns e a construci\u00f3n dun futuro sostible.<\/li>\n<li>Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudantado e promover a s\u00faa capacidade para aprender por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e de decisi\u00f3n que faciliten a autonom\u00eda, a confianza e iniciativa persoais.<\/li>\n<li>Co\u00f1ecer os procesos de interacci\u00f3n e comunicaci\u00f3n na aula, dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula, e abordar problemas de disciplina e resoluci\u00f3n de conflitos.<\/li>\n<li>Dese\u00f1ar e realizar actividades formais e non formais que contrib\u00faan a facer do centro un lugar de participaci\u00f3n e cultura na contorna onde estea situado; desenvolver as funci\u00f3ns de titor\u00eda e de orientaci\u00f3n do estudantado de maneira colaborativa e coordinada; participar na avaliaci\u00f3n, investigaci\u00f3n e a innovaci\u00f3n dos procesos de ensino e aprendizaxe.<\/li>\n<li>Co\u00f1ecer a normativa e organizaci\u00f3n institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicaci\u00f3n aos centros de ensino.<\/li>\n<li>Co\u00f1ecer e analizar as caracter\u00edsticas hist\u00f3ricas da profesi\u00f3n docente, a s\u00faa situaci\u00f3n actual, perspectivas e interrelaci\u00f3n coa realidade social de cada \u00e9poca.<\/li>\n<li>Informar e asesorar \u00e1s familias achega do proceso de ensino e aprendizaxe e sobre a orientaci\u00f3n persoal, acad\u00e9mica e profesional dos seus fillos.<\/li>\n<\/ul>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O obxectivo principal \u00e9 que o estudantado co\u00f1eza os contidos das materias relativas \u00e1 s\u00faa especializaci\u00f3n docente, as\u00ed como os procesos de ensino e aprendizaxe &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/mpe.uvigo.es\/gl\/informacion\/obxectivos\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":1677,"menu_order":3,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-2271","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mpe.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2271","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mpe.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/mpe.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mpe.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mpe.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2271"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/mpe.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2271\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18729,"href":"https:\/\/mpe.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/2271\/revisions\/18729"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mpe.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1677"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mpe.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2271"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}