Esta materia está orientada á realización dun traballo de investigación, experimentación ou desenvolvemento orixinal nalgunha das liñas expostas no módulo específico do mestrado, relacionado con algúns dos múltiples ámbitos do mundo profesional propios do ámbito do ensino secundario. Encamiñarase ao desenvolvemento dunha actividade que contribúa a conseguir un conxunto de competencias de carácter académico, profesionalizante e investigador que enriqueza globalmente a formación inicial.

Será guiado por unha persoa docente da universidade. Este traballo estará enmarcado na etapa da educación secundaria obrigatoria ou postobligatoria. O traballo de fin de máster poderá estar ligado ás actividades de aula, unidades didácticas ou proxectos realizados polo estudantado na fase de prácticas, incluíndo sempre os aspectos de investigación educativa pertinentes a xuízo da persoa titora da universidade.

 

Curso académico 2026/2027

Documentación do TFM